martes, julio 25, 2006

A miña avoa ten 87 anos e todos cheos de ditos e refráns. Sempre ten unha frase certeira para cada situación:
  • Fillos menudos, piollos rabudos.
  • Febreiro, merendeiro.
  • Quen polo seu gusto morre, hasta a morte lle sabe.
  • hueso de Xoan, unta o fouciño e a barriga en van.
  • Se queres ver un gallito, dalle un mandito.
  • A rola a rolar e a poupa a poupar. Agarra o saquiño e vai sementar.
  • O que con auga se cura pouco dura.
Por certo. Xa temos a Antía con nos. Naceu o dezaseis, o día do Carme.
Xa son dous os nenos mais guapor do mundo (ela e Pabliño).